Martes. 16.04.2024
El tiempo

O programa A Laracha Acollle segue emponderando ás mulleres do mundo

2023.02.13.- A Laracha Acolle
O programa A Laracha Acollle segue emponderando ás mulleres do mundo

Todo un exemplo de recibimento e a axuda á integración é o programa “A Laracha Acolle”. Un programa dirixido ás persoas inmigrantes empadroadas no termo municipal - prioritariamente, ao colectivo das mulleres- que ten por finalidade a súa inclusión social e cultural. Está composta por dúas liñas de acción complementarias: o taller de alfabetización nas linguas oficiais de Galicia e o espazo de expresión e participación cultural Exprésa-T, dirixido ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida, intercambio e socialización, así como ao tratamento de temas transversais de xénero e coeducación.

No marco do espazo Exprésa-T, as quince participantes no programa -orixinarias de Marrocos, Paquistán, Ucraína, Colombia e Portugal- realizaron un obradoiro sobre bo trato e autocoidados levado a cabo no centro sociocultural de Paiosaco en dúas sesións e impartido por SEDRA - Federación de Planificación Familiar, unha organización non gubernamental que traballa para que todas as persoas poidan exercer o dereito a decidir libremente sobre a súa sexualidade e reproducción, así como a ter acceso aos servizos que precisen.

O programa está aberto e qw persoas interesadas en participar no programa A Laracha acolle deben inscribirse no departamento de Servizos Sociais, ben acudindo ao edificio administrativo da Laracha ou chamando ao 981612811.