mércores. 18.06.2025
El tiempo

"A terapia equina ten un impacto directo no desenvolvemento persoal e emocional das persoas en risco de exclusión"

O  centro de turismo ecuestre O Ventoso Laracha 2
Unha saída de equinoterapia no centro de turismo ecuestre O Ventoso da Laracha
"A terapia equina ten un impacto directo no desenvolvemento persoal e emocional das persoas en risco de exclusión"

O centro de turismo ecuestre O Ventoso é un espazo que todos coñecemos polas actividades ó aire libre, polos campamentos do verán e polas numerosas acción que nos ofrece ó longo do ano rutas a cabalo, clases, cumpleaños… Pero hoxe queríamos mostrar a outra parte a que se coñece menos a parte social e facémolo da man de Rosaura Romo, coordinadora técnica na Fundación Érguete-Integracion.

  •  Canto tempo fai que coñecedes O Ventoso?

A nivel personal xa fai anos, polos campamentos de verán que organiza, os paseos organizados e as visitas á granxa, aos que temos levado varias veces aos nosos fillos.
A nivel profesional, fai tres anos que colaboramos co centro para a realización de cursos de Terapia equina, que descubrín a través da web. 

  • Como son as vosas actividades e por que vos decidides polas instalacións do Ventoso na Laracha?

Na Fundación Érguete-Integración traballamos principalmente con persoas en risco ou situación de exclusión social, ás que acompañamos no seu proceso de inserción social e laboral. E O Ventoso é un lugar ideal para traballar cos animais.

  • Como son as experiencias nel?

Concretamente desde a área de Intervención no medio Penal, realizamos itinerarios personalizados que inclúen formación para o emprego, traballos coa comunidade, relación con recursos próximos ou actividades para fomentar competencias que, aínda que a priori pode non parecelo, están estreitamente relacionadas coa consecución e mantemento dun emprego: o autocontrol, a autoconfianza o traballo en equipo, a empatía, a colaboración, o establecemento de vínculos saudables son habilidades que poden adestrarse con talleres como os que ofrece O Ventoso.

Ademais, poder traballar sobre o desenvolvemento persoal nun espazo natural incide directamente no benestar físico e psicolóxico da persoa, predisponiéndola a sentirse ben, abrirse e aumentar a súa motivación. 

  • Por que recomendaríades facer actividades alí?

Os servizos que ofrecen desde O ventoso teñen un impacto directo no desenvolvemento persoal e emocional das persoas coas que traballamos, influíndo positivamente no seu estado de ánimo. Ademais, esta actividade permítelles crear unha relación de confianza e empatía tanto cos animais como coa contorna e o grupo, fortalecendo a súa motivación de face a enfrontarse doutra maneira aos obxectivos da súa inserción. Por último, estes beneficios reflíctense no seu día a día, en como se enfrontan a retos cotiáns, dotándolles de máis ferramentas e estratexias para aumentar a autoconfianza, o autocontrol, a paciencia...

E por suposto, unha das claves para que esta colaboración continúe é o trato próximo e de confianza co que sempre nos recibiron, que é o que fai que a actividade teña o éxito que ten.

O  centro de turismo ecuestre O Ventoso Laracha

Comentarios