2 hectáreas arrasadas no incendio de San Mamede
11:00 22/07/26
Falabamos esta pasada tarde do incendio de San Mamede, en Carnota. O lume foi declarado 15.27 horas do martes, aínda que preto de dúas horas despois --ao redor das 17.30-- xa estaba controlado. Foi ás 04.48 horas do mércores cando o departamento autonómico deuno por extinguido.
Foi clave a rápida intervención do GES de Muros, Garda Civil, Protección Civil e Policía Local, así como dos medios de extinción coordinados polo Distrito Forestal V: oito axentes, 13 brigadas, oito motobombas, un helicóptero e dous avións, segundo os datos proporcionados pola Consellería do Medio Rural.




