Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Íntegro fai o seu Camiño

Integro facendo o seu Camino
Íntegro fai o seu Camiño

Segue fomentando a vida saudable a familia de Íntegro. Faino desta volta dun xeito singular. Sen saír da contorna de Nantón, van percorrer o Camiño Inglés. Irán sumando os quilómetros que fan cada día polas terras de Bergantiños, ata completar os 120 km. que separan Ferrol do Obradoiro. Ao finalizar cada unha das 6 etapas, realizarase unha visita “virtual” polos lugares máis emblemáticos do Camiño.

Este será o “seu camiño virtual” que lles permitirá disfrutar da natureza da contorna, facer deporte, e ademais ir coñecendo, en liña, as curiosidades do camiño inglés./p>

A semana pasada xa premeron o contador a andar cun percorrido polo estuario do Anllóns, en Cabana de Bergantiños, que sumou os primeiros pasos desta divertida e curiosa iniciativa.

A diferenza do resto, a última etapa (Monte do Gozo-Santiago de Compostela), de 16,7 quilómetros, está previsto realizala de forma presencial, e coa vestimenta de peregrino, xa que se trata dun tramo adaptado para persoas con mobilidade reducida e con todas as garantías de seguridade.

Integro no Esteiro do Anllons

Comentarios