Unha nova senda peonil para Cabana

14:04 28/09/22
Continúa o plan de sendas peonís da Xunta facilitando a mobilidade da veciñanza nos concellos de Bergantiños. Volve ser o Concello de Cabana o escollido para un novo itinerario de 1,5km no lugar de Nantón.
A senda permitirá servir ademais de axuda ao traslado dos usuari@s da Asociación Íntegro, que poderán acceder de modo seguro ao centro de saúde, á parada de autobús, á farmacia, ao campo de fútbol e outros equipamentos da zona.
A Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto por máis de 18.000 euros, á consultora N-Cubed Ingeniería, Innovación, investigación, S.L