O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais

Xa están aquí. Xa non queda nada para maio de 2015 e os partidos políticos están empezando a coller posicións. Parece que a “pole-position” a ten a día de hoxe o PP, que xa presentou as súas novas caras, e que esta fin de semana facía a presentación oficial dos seus 12 candidatos nas comarcas costeiras. Candidatos, asegura, para “xogar ao ataque” na Costa da Morte.

Á espera de confirmar os candidatos de Zas, Vimianzo, Mazaricos, Muros e Laxe, e con Antonio Landeira como representante de Santa Comba, o presidente provincial do Partido Popular presentou ás cabezas de lista para as próximas Eleccións Municipais de Carballo, Cabana, Coristanco, Laracha, Malpica, Ponteceso, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Muxía e Fisterra.

”Nós queremos líderes con ganas de traballar e dispostos a facer cousas”, indicou Negreira, que destacou a “unidade de acción” coa que conta o Partido Popular “fronte a outros que andan inmersos en leas internas para decidir as súas propios dirixentes”.

Hai nomes salientables, como a nova presencia dos alcaldes de Coristanco e Ponteceso como candidatos, despois de varias quinielas fallidas, a do ex alcalde de Carnota… Temos 6 alcaldes que se manteñen na lista, 4 novos candidatos, e 2 voceiros que manteñen a súa aspiración.

A Lista de candidatos é a seguinte:

  • Carbana: José Muíño Domínguez (alcalde).
  • Carballo: Miguel Anxo Ferreiro Suárez (novo candidato).
  • Coristanco: Antonio Pensado Plagaro (alcalde).
  • Malpica: Eduardo Parga Veiga (alcalde).
  • Ponteceso: José Luís Fondo Aguiar (alcalde).
  • Camariñas: Mauricio Aufiero Vigo (novo).
  • Carnota: José Oreiro Rodríguez (ex alcalde).
  • Cee: Zaira Rodríguez Pérez (alcaldesa).
  • Corcubión: Gema Freire Insua (voceira).
  • Dumbría: Manuel Barcia García (novo).
  • Fisterra: José Manuel Traba Fernández (alcalde).
  • Muxía: Manuel Fandiño Domínguez (novo).

Novas relacionadas

Fonte

  • PP Provincial.