Venres. 19.04.2024
El tiempo

Juan Silva estrea a súa praza de Concelleiro en Vimianzo

Juan Silva estrea a súa praza de Concelleiro en Vimianzo
Juan Silva na Gala do Futbol da Costa QPC

O pleno deste sábado 30 de agosto as 11:00 horas está convocada un Pleno ordinario do Concello de Vimianzo terá a súa especial atención na toma de posesión do concelleiro do Partido Popular Juan Silva, que asume o posto logo do falecemento do seu compañeiro de partido Ramón Santos.

O coñecido presidente do CD Baíñas, un dos presidentes máis coñecidos do fútbol da Costa, entra así de cheo na vida política municipal vimiancesa.

Outros temas económicos

Ademais, no plenp abordarase unha modificación de crédito con cargo ao remanente da Tesouraría dos anos 2012 e 2013, que froito da bóa xestión do goberno municipal, suma un remanente de 600.000€. As limitacións impostas polo Goberno Central que imposibilitaban a utilización deses fondos flexibilizáronse un chisco, permitindo a utilización dunha parte para investimentos sustentables. Este feito permitirá dispoñer de 145.000 € que se utilizarán para a urbanización, construción de beirarrúas e mellora do subministro de auga na zona de Codeseiras, ao reforzo da sinalización víal en todo o concello, a mellora dos parques infantís e tamén para a achega que ten que facer o Concello na construción dun miniparque eólico que abastecerá ao polígono industrial e para o que se recibiu unha subvención da Consellaría de Industria de 71.000 €.

Outro dos puntos é a designación dos festivos locais para o vindeiro ano.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios