O PP presenta 12 candidatos costeiros para xogar ao ataque nas municipais
Xa están aquí. Xa non queda nada para maio de 2015 e os partidos políticos están empezando a coller posicións. Parece que a “pole-position” a ten a día de hoxe o PP, que xa presentou as súas novas caras, e que esta fin de semana facía a presentación oficial dos seus 12 candidatos nas comarcas costeiras. Candidatos, asegura, para “xogar ao ataque” na Costa da Morte.
Á espera de confirmar os candidatos de Zas, Vimianzo, Mazaricos, Muros e Laxe, e con Antonio Landeira como representante de Santa Comba, o presidente provincial do Partido Popular presentou ás cabezas de lista para as próximas Eleccións Municipais de Carballo, Cabana, Coristanco, Laracha, Malpica, Ponteceso, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Muxía e Fisterra.
”Nós queremos líderes con ganas de traballar e dispostos a facer cousas”, indicou Negreira, que destacou a “unidade de acción” coa que conta o Partido Popular “fronte a outros que andan inmersos en leas internas para decidir as súas propios dirixentes”.
Hai nomes salientables, como a nova presencia dos alcaldes de Coristanco e Ponteceso como candidatos, despois de varias quinielas fallidas, a do ex alcalde de Carnota… Temos 6 alcaldes que se manteñen na lista, 4 novos candidatos, e 2 voceiros que manteñen a súa aspiración.
A Lista de candidatos é a seguinte:
- Carbana: José Muíño Domínguez (alcalde).
- Carballo: Miguel Anxo Ferreiro Suárez (novo candidato).
- Coristanco: Antonio Pensado Plagaro (alcalde).
- Malpica: Eduardo Parga Veiga (alcalde).
- Ponteceso: José Luís Fondo Aguiar (alcalde).
- Camariñas: Mauricio Aufiero Vigo (novo).
- Carnota: José Oreiro Rodríguez (ex alcalde).
- Cee: Zaira Rodríguez Pérez (alcaldesa).
- Corcubión: Gema Freire Insua (voceira).
- Dumbría: Manuel Barcia García (novo).
- Fisterra: José Manuel Traba Fernández (alcalde).
- Muxía: Manuel Fandiño Domínguez (novo).
Novas relacionadas
- Os PP de Carballo, Camariñas, Dumbría e Muxía estrean candidato.
- 2011: Valoracións sobre os Resultados das Eleccións 2011.
- O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- Perfecto Vázquez Lema sustitúe a Ambrosio Oróns no PP de Laxe.
- Novas caras para os PP de Camariñas e Vimianzo.
- Juan Silva estrea a súa praza de Concelleiro en Vimianzo.
- O PP dumbriés e de Muros cambian de cara.
Fonte
- PP Provincial.