Os pioneiros trans@s mapean o Camiño dos Faros coa tecnoloxía de Google
Impresionante o traballo silencioso destes marabillosos trasn@s que están a facer moito máis pola Costa da Morte que ducias de entidades públicas ao longo de anos e anos. A Asociación O Camiño dos Faros vén de asinar un convenio co xigante tecnolóxico Google, a través do cal Google cedeulle a tecnoloxía para mapear o sendeiro de 200 quilómetros que une Malpica e Fisterra polo litoral.
Logo de mapear todas as estradas do mundo co coche, Google creo o programa Google Trekker, que incorpora esa cámara nunha mochila de 20 quilos para poder sacar imaxes en todos os sitios interesantes a onde non chegan os seus coches.
Un bravo trasno coa mochila da cámara de Google polo Camiño dos FarosMochila o lombo, durante os soleados días de outubro, varios transos percorreron o Camiño dos Faros, gravando paso a paso. Agora o material está en mans de Google, que probablemente abra online a partir de marzo deste 2016 a opción de facer o Camiño dende a túa casa a un click disfrutando todas as paisaxes a 360º, como se fai ca ferramenta Google Street View.
Pioneiros
E falamos dalgo importante, pois está sendo un dos primeiros proxectos en España, e o primeiro en Galicia.
Ademais de como material de promoción único, ter trekkeado todo o percorrido vai a permitir analizar medioambientalmente cada punto e a súa evolución no tempo.
A cámara 360 de Google Treck na Costa da MorteNovas sobre o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve á TVE con Edu Soto.
- Os alcaldes únense á loita pola homologación do Camiño dos Faros como Sendeiro GR.
- Os trasnos invaden a TVE de Faro en Faro.
- Turgalicia escolle o Camiño dos Faros para o anuncio de outono.
- A TVE xa é trasna.
- Os trasn@s cabalgan sós.
- O Camiño dos Faros afía o seu proxecto como ruta de Gran Recorrido.
- O Camiño dos Faros como ruta de integración para a diversidade funcional.
- Un milleiro de trasn@s toman de novo o Camiño dos Faros
- O Camiño dos Faros volve máis forte que nunca ca 5ª edición.
- O Ultratrail Camiño dos Faros xa ten data para 2015.
- Medran os adheridos para que o Camiño dos Faros sexa unha Ruta de Gran Percorrido.
- A Costa da Morte aposta unida por un Camiño dos Faros Ruta de Gran Percorrido.
- Por un futuro cheo de vida no Camiño dos Faros.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).