A poeta cabanesa, Matilde Vilariño Pose, presenta este sábado a súa obra ‘Na lingua que eu falo’
10:04 01/12/22
A poeta cabanesa, Matilde Vilariño Pose, presentará este sábado, día 3 de decembro, o seu libro ‘Na lingua que eu falo’.
O acto, enmarcado na programación cultural de outono do Concello de Cabana, terá lugar a partir das 17.00 horas no auditorio municipal e todas as persoas que o desexen poderán asistir sen necesidade de reservar praza.
A obra, integra un compendio de composicións nas que a autora pon en valor a lingua galega ao tempo que recolle vivencias e historias con especial atención para a terra que a veu medrar. A autora
Matilde Vilariño Pose, nada e residente en Dombate, presentará a súa segunda obra logo de Poemas que non foron ao lume (2018). Interesada desde cativa polo arte, Matilde compaxina a súa produción poética coa pintura, outra disciplina que cultiva e da cal tamén é autodidacta.