Os clubs da Costa aceptan a inclusión do Bergantiños na subdelegación tras unha votación en furna
Tras unha longa semana de chamadas, e un ano despois do primeiro intento, o Bergantiños CF volve integrarse na subdelegación da Costa. Así o ratificará a Asemblea da RFGF trala aprobación nunha reunión celebrada esta tarde de venres por parte dos clubs da Costa da proposta de inclusión.
Foi tras unha votación en furna e a voto segredo, con 19 a favor, 14 en contra, 1 abstención e 6 clubs que non acodiron.
Deste xeito, a transición implicará a todos os equipos do club carballés (non así aos equipos de F8 das EF Luís Calvo, que quedan na Coruña). Cómpre ter en conta que os equipos A están en ligas autonómicas, pero os seus descensos caerían, polo que estes son os equipos directamente implicados que pasarían a estes grupos costeiros:
- Bergantiños CF “B” na 3ª Futgal de Afeccionados de A Costa
- Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Xuvenil de A Costa
- Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Xuvenil de A Costa de dividirse la competición en 2 grupos
- Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Cadete de A Costa
- Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Cadete de A Costa de dividirse la competición en 2 grupos
- Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Infantil de A Costa
- Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Infantil de A Costa de dividirse la competición en 2 grupos
O vindeiro mércores 29 saberemos a decisión final, na Asemblea Xeral da RFGF.
Outros asuntos
Os clubs tamén trasladaron a posibilidade de celebrar a final da Copa da Costa en sábado, para poder celebrar o título, pero será algo que decidan os finalistas de cada ano. Tamén se falou do balón, dos Plans Competicionais (formulouse que no fútbol base era importante non ter paróns tan longos e continuos).
Na reunión tamén se votou, desta volta a man alzada, a proposta da SD Sofán disputar a semifinal da Copa da Costa a doble partido, saindo denegada por 28 votos en contra e 4 a favor.