Os profesionais costeiro do Astroturismo presentan o "Manual de Miradoiros Starlight"
Celebrouse onte no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate, a presentación do Manual de Miradoiros Starlight. Impulsado pola Asociación de Astroturismo da Costa da Morte, trata de convertirse nunha ferramenta para os profesionais, un documento de consulta que versa sobre o astroturismo e, en especial, sobre unha das ferramentas máis útiles: os miradoiros estelares. Nace para orientar sobre os pasos a seguir no territorio constituído como Destino Starlight, converténdose así nun referente e nun modelo de boas prácticas.
A publicación aborda as características que deben reunir estes espazos para a observación do ceo nocturno e inclúe recomendacións sobre a sinalización que se aconsella empregar para garantir a uniformidade dos miradoiros estelares.
Así o debullou Ada González Fernández, Técnica de Turismo do Concello de Dumbría, monitora Starlight e membro da Xunta Directiva da Asociación
de Astroturismo da Costa da Morte, que estvo acompañada na presentación polo alcalde de Cabana, José Muíño e por Xosé Regueira, vicepresidente e deputado de turismo da Deputación da Coruña.
Ada explicou que "para establecer os emprazamentos dos Miradoiros Astronómicos hai que facer un traballo de campo nocturno pois é cando se vai poder saber se existe ou non contaminación lumínica directa ou indirecta que poida afectar ao desfrute da experiencia astroturística". "Un miradoiro astronómico non precisa de filtros, nin de maquillaxe, todo o contrario. Debe ser o máis natural posible pois iso é o que busca un astroturista: gozar do ceo estrelado e sen contaminación lumínica", lembrou amosando o camiño para que Concellos tomen nota á hora de acondicionar espazos para o deleite nocturno.
O manual consta de seis epígrafes. Ofrece unha introducción ao concepto Starlight, continúa coas certificacións, destaca as diferenzas entre miradoiros e, sobre todo, as pautas sobre o bo facer e as malas praxes a evitar nos miradoiros astronómicos, sen esquecer o apartado destinado á sinalización dos mesmos.
A meirande parte das fotografías do Manual de Miradoiros Astonómicos son de DrewKorme, astrofotógrafo e Dj, a maquetaxe desta obra correu a cargo de Raquel Gerpe, deseñadora gráfica, e da redacción encargouse Ada González, técnica de Turismo. Un traballo en equipo da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte.
As oportunidades
Na súa quenda, Regueira subliñou que o turismo debe entenderse tamén como unha actividade económica que xera oportunidades no territorio e que require dunha estrutura profesional e empresarial ao seu redorl. O vicepresidente da Deputación explicou que o obxectivo das políticas turísticas da institución é contribuír a consolidar esa estrutura e favorecer que o retorno económico quede nas comarcas que reciben visitantes.
«Cando falamos de turismo falamos de negocio. Nós estamos tamén para darlles servizo ás persoas que viven do turismo: hostalaría, hoteleiros, persoal técnico...», afirmou.
Regueira destacou tamén o potencial do astroturismo como un subsector con capacidade para xerar actividade económica no territorio. Neste sentido, lembrou que a Deputación está a impulsar iniciativas de formación, como a capacitación de guías Starlight, co obxectivo de estruturar unha oferta turística ao redor da observación do ceo nocturno. «O turismo implica negocio e retorno económico no territorio e, sobre todo, oportunidades polo territorio», sinalou.
ONau
Máis novas