xoves. 06.11.2025
El tiempo

A Asociación de Astroturismo e a CMAT unen camiños

Foto reunión astroturismo coa CMAT 2
Imaxe da reunión
A Asociación de Astroturismo e a CMAT unen camiños

Reunión profesional a realizada onte no Conco, en Dumbría. A directiva da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte mantiña a súa primeira Reunión coa homóloga da Asociación de Turismo da Costa da Morte (CMAT).

As cuestións tratadas na reunión foron variadas entre as que destacan o ofrecemento da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte para futuras colaboracións no xeodestino, entre as que destacan a necesidade de sensibilizar a poboación para poñer en valor o noso patrimonio baixo unha estratexia en común.

Outro punto chave foi o tema da renovación do Selo Starlight para que o xeodestino siga sendo un destino Starlight; e que se fortaleza o Astroturismo na Costa da Morte.
Así mesmo, a Asociación de Astroturismo trasladou o que vai implicar o Eclipse 2026 e como debe prepararse o territorio para non deixar escapar esta oportunidade.

O VIII Encontro Internacional Starlight celebrado en Soria o pasado mes de outubro tamén estivo enriba da mesa, pois foi un evento ao que asistiron ámbalas dúas entidades para promover A Costa da Morte como Destino Starlight.

Asistiron á cita:
- Jose M. López, alcalde do Concello da Laracha e presidente da CMAT
- Margarita Lamela, alcaldesa do Concello de Cee e vicepresidenta da CMAT
- Francisco J. Domíguez, alcalde do Concello de Corcubión e secretario da CMAT
- Sandra Insua, tenente alcaldesa do Concello de Muxía e tesoureira da CMAT
- María Lema, concelleira de Turismo e Cultura do Concello de Dumbría e vogal da CMAT
- Pepe Formoso, presidente de APTCM e vogal da CMAT
- Damián Álvarez, secretario de APTCM e vogal da CMAT
- Yolanda Díaz, presidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Nieves Lema, vicepresidenta da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Silvia Bouzas, secretaria da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Andrés García, vogal da Asociación de Astroturismo da Costa da Morte
- Jacobo Suárez e Marta Baños, Asistencia Técnica da CMAT

Máis novas

Comentarios