San Fins do Castro botou o seu Berro Seco
02 de agosto de 2024 (08:13 h.)
Arrincou agosto coma sempre co Berro Seco do San Fins do Castro, unha das festas máis singulares de Bergantiños. O día grande amenceu coas dianas e alboradas racahando o abrente para dar comezo a unha xornada na que se sucederon as homilías, o tradicional berro seco e o baile do santo da pólvora. A Banda de Música Eduardo Pondal de Corme volveu ser protagonista.
A música amenizou tanto as misas como a posterior sesión vermú. As tradicionais merendas ocuparán o campo da festa ata a verbena nocturna, por conta das orquestras Miramar e Marbella.