Un peón faleceu en Cabana despois de ser atropelado por un turismo

Os servizos sanitarios de urxencia confirmaron a pasada tarde do domingo o falecemento dun peón que transitaba pola estrada que une Cabana de Bergantiños coa parroquia de Cesullas e foi alcanzado por un turismo. O helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela se desprazou ata o lugar do accidente, sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida. Un particular que presenciou o accidente chamou ao CAE 112 Galicia ás 14:20 horas de hoxe para pedir axuda.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais, Garda Civil de Tráfico, GES de Ponteceso e Protección Civil de Cabana de Bergantiños.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).