Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha persoa resulta ferida tras unha colisión frontal en Vimianzo

Unha persoa resulta ferida tras unha colisión frontal en Vimianzo

Unha persoa resultou ferida tras colidir frontalmente o vehículo que conducía con outro turismo na AC-552, ao paso polo termo municipal de Vimianzo, a altura da SEAT. Ante a posibilidade de que houbese persoas atrapadas, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos Bombeiros de Cee, así como, se requiriu a presenza do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela.

Finalmente, os efectivos do parque comarcal non chegaron a intervir, xa que o condutor saíu polos seus propios medios. Dende o CAE 112 Galicia pasouse aviso, ademais, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Vimianzo e ao persoal de mantemento da estrada, que se encargou das tarefas de limpeza da vía. Urxencias Médicas xa tiña constancia do accidente, que tivo lugar ao redor das 11:00 horas desta mañá.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios