Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O documental sobre Xela Arias chega a Cabana

15. Cartel Cabana de Bergantiños
O documental sobre Xela Arias chega a Cabana

O auditorio municipal de Cabana acollerá o vindeiro 25 de xuño a proxección do documental ‘Xela Arias. Poeta nas marxes’, de Beatriz Pereira, da man da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
A peza reproducirase en dous pases, ás 19:00 o primeiro e ás 20:00 o segundo, co obxectivo de acoller o maior número de
persoas posible dentro dos límites de aforo marcados polas autoridades sanitarias.
O documental fai un percorrido pola vida e obra da poeta lucense a través dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez
Cáccamo, Susana Trigo e moitas outras personalidades. Cabana é un dos municipios polos que pasa a iniciativa, que chega a
unha trintena de concellos de toda Galicia.

Para reservar prazas cómpre comunicalo previamente chamando ao 981 754 020 ou enviar un correo electrónico a
[email protected].

Comentarios