10 quilómetros a pé cada día para dignificar a función policial en Camariñas


Curiosa a situación que viven estes días a Policía Municipal de Camariñas. Os dous axentes están a percorrer a pé, os 10 quilómetros que separan a capital municipal de Xaviña, onde durmen os vehículos. E o fan por non utilizar os seus coches particulares, como viñan facendo habitualmente, a modo de protesta polo que consideran un soldo demasiado baixo.
Ante a incredulidade dos veciños que ven cada mañá e cada tarde aos axentes "de paseo" pola estrada, estes indican que non van por obrigación da alcaldía, se non que o fan voluntariamente.
Son 1.100€ de soldo que aseguran non corresponde co seu posto indicando que cobran ata un 30% que os compoñeiros da mesma categoría no propio Concello. Queren deixar claro que esta acción "non ten unha reivindicación política, e que só busca a "dignificación da función policial".