Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Praia de Ariño estrea a Área de Servizo para Autocaravanas

A Praia de Ariño estrea a Área de Servizo para Autocaravanas
Area de autocaravanas da praia de Ariño Area de autocaravanas da praia de Ariño Parece que a Costa da Morte vaise decatando do potencia do turismo de autocaravanas. Fisterra cun espazo e unha área privada, Mazaricos, Carnota… son algúns dos puntos que mellor coidan estes visitantes. Únese Camariñas coa nova Área de Servizos para Autocaravanas da praia do Ariño. Se ben a praia do Ariño conta dende hai un tempo con estes servizos (que basicamente consiste nun depósito de baleirado de augas negras e grises, ao que se lle engade o que sempre houbo, o merendeiro, auga potable, baños adaptados e colectores de recollida selectiva de lixo), a Asociación Galega de Autocaravanas quere facer a inauguración oficial esta mesma fin de semana. Máis de 80 vehículos e unhas 200 persoas acodirán á cita e pasarán uns días en Camariñas coñecendo o seu patrimonio, a súa paisaxe e gozando da súa gastronomía, para o que varios restaurantes do municipio ofrecerán un menú especial aos autocaravanistas. Hai un programa de actividades completo para eles. Os participantes, algúns xa chegarán durante a xornada do venres, visitarán o sábado pola mañá o Museo MAN de Camelle e o faro Vilán para dirixirse, xa pola tarde, á praia do Ariño, onde ás 6 terá lugar a inauguración. Finalmente, o domingo visitarase o Museo do Encaixe.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios