Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta comeza a recoller as patacas de Muxía e a informar na zona tapón

A Xunta comeza a recoller as patacas de Muxía e a informar na zona tapón
O prezo da pataca de Coristanco chega nalguns establecementos ata os 150 euros Pide estes días a Xunta a colaboración dos veciños das comarcas de Fisterra e Soneira para acabar coa praga da couza guatemalteca, tanto a través da entrega dos tubérculos, como co cumprimento do resto de medidas, en especial, a de evitar o movemento de patacas. Nesa liña a Consellería do Medio Rural quere facilitar aos veciños dos concellos declarados como zona tampón a declaración das súas plantacións e para iso trasladará a persoal técnico aos concellos para tomar nota das mesmas. Estas declaracións son obrigatorias no radio de 5 quilómetros dende o municipio de Muxía cun fin informativo e de control, xa que nestes casos non terán que entregar as patacas, como si está acontecendo na Vila da Barca. Para facelo teñen ata o 31 de maio para cubrir o formulario incorporado como anexos na resolución do Diario Oficial de Galicia do 6 de abril e, a partir da próxima semana, poderán facelo a través do persoal da consellería. En concreto, os técnicos estarán ata o 31 de maio en horario de 10 a 14h. nas casas do concello. A distribución por días é: • Os luns en Camariñas. • Os martes en Dumbría. • Os mércores en Cee. • Os xoves en Vimianzo. • Os venres en Fisterra. Ademais, esta declaración tamén se pode facer en calquera oficina agraria. As máis próximas, neste caso, son a de Baio e a de Corcubión, onde xa se teñen rexistrado as primeiras declaracións de cultivo.

Destrución

Ademais, no caso de Muxía, o único concello declarado como demarcado nesta área, tamén se comezará esta semana coa recollida de pataca. O proceso iniciarase o luns e martes co dispositivo informativo para comunicar o percorrido das furgonetas nas que se trasladarán os tubérculos e que comezarán pola parroquia de San Martiño de Ozón, onde se detectaron os positivos. Haberá carteis informativos explicando a data de recollida aos veciños. Fonte QPC

Comentarios