Aberto o penúltimo treito da estrada Laxe-Ponte do Porto


Tan só resta por rematar un tramo de 300 metros da estrada Laxe-Ponte do Porto AC-433. Precisamente, os metros que agochan o castro tapado de Laxe e que seguen en execución para, segundo sinala a propia Xunta, "a súa conservación".
A Xunta recibía aos afectados polas obras na AC-433 só< a href="http://antigo.quepasanacosta.gal/content/view/2988/26/">4 anos despois da licitación das obras. Pero en todo caso, hoxe a nova é positiva.
Asi, os 3.000 vehículos que circulan ao día por esta estrada poderán facelo, a partir das 14:00h deste mércores 11 de xullo de 2012, case sen problema.
O treito aberto é comprendido entre os puntos quilométricos 10+400 e 12+600, que son os dous quilómetros que dan acceso ao Concello de Laxe. A velocidade neste vial fíxase nos 60 km/hora.
Tan só resta, como dicimos, por abrir un tramo de 300 metros no contorno do PK 10+400, por mor das restricións patrimoniais que afectan a un castro. Cómpre sinalar que a afección resultou ser maior da prevista no proxecto ao atoparse unha entrada ao castro, que non estaba inventariada, feito que motiva a tramitación dunha modificación de trazado para minimizar as afeccións.
Novas relacionadas
- 11-05-12: A Xunta recibe aos afectados polas obras na AC-433.
- 02-10: O castro tapado de Laxe .
- 09-09: Unha nova empresa realizará a estrada Ponte do Porto - Laxe .
- 19-09-08: Novas melloras na estrada de Laxe á Ponte do Porto.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Xunta de Galicia.