Aberto o prazo para anotarse no programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"
08:07 22/08/17
Xa está en marcha a terceira edición do programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte" posto en marcha polos concellos de Camariñas, Mazaricos, Muxía en Vimianzo a través dunha subvención da consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
O prazo de inscrición no programa, que está dirixido a mozos e mozas de 14 a 17 anos dos concellos participantes, está aberto até o vindeiro 26 de agosto. Ata 15 persoas poderan realizar as actividades previstas para a primeira quincena de setembro de 2017.
Recibirán 36€ en concepto de beca si completan tódo o programa que se compón de estadías- prácticas en empresas colaboradoras (de 6 días e 5:30 horas cada día); unha visita guiada a empresas innovadoras e significativas da Costa da Morte
e formación sociolaboral de orientación e apoio á inserción e eleccións laborais.
O principal obxectivo deste programa é aproximar a realidade socio-laboral e empresarial dos concellos a estes mozos e mozas facilitando unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional e faiga máis doada a transición entre escola e traballo.
As persoas interesadas poden contactar coas axencias de desenvolvemento local dos concellos participantes, a través da web https://onosofuturo.wordpress.com ou no mail onosofuturo@camarinas.net.
Máis información
Novas relacionadas
- 30 mozos de 4 concellos deseñan o seu futuro laboral con prácticas empresariais
- O Obradoiro de emprego fisterrán deixa a súa pegada dixital no Camiño.
- QPC como exemplo de experiencia empresarial para os alumnos do Obradoiro de Emprego.
- Os alumnos do Obradoiro de Emprego fisterrán soben ás alturas.
- Un obradoiro de Emprego para 20 desempregados permitirá adecentar o Camiño en Cee, Corcubión e Fisterra.
- 22 mozos soneiráns completaron o Obradoiro comarcal de Emprego e Formación.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).