![]()
Xa está aberto o prazo de inscrición para todas aquelas empresas, autónomos e particulares que desexen participar na I feira Naútica e de Ocasión de Camariñas - Fenacam 2017 - e que terá lugar os días 2 e 3 de setembro. Os interesados en anotarse deben de facelo antes do 25 de agosto.
Para a documentación pode acudir ás oficinas do clube naútico camariñán ou solicitala a través do enderezo electrónico cncamarinas@cncamarinas.com ou no número de teléfono 618950557.
Nesta primeira feira naútica, as empresas e os autónomos poderán presentar os seus productos e/ou servizos, completando así a oferta de conferencias, charlas, presentacións literarias, exposicións,...
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).