Martes. 23.04.2024
El tiempo

Aberto o proceso de licitación do bar do Náutico de Camariñas

Nautico de Camarinas
Aberto o proceso de licitación do bar do Náutico de Camariñas

Dende outubro de 2019 a xestión de O Náutico Bar de Camariñas lévaa directamente a Xunta Directiva do Club Náutico camariñán. Non quixeron sacar a licitación a concesión do bar en plena pandemia, pero consideran que agora si que é momento de abrir unha oportunidade a autónomos e empresas que teñan interese en xestionar un bo establecemento de ocio.

Así, este 19 de setembro, luns, da inicio a convocatoria de licitación das instalacións do Bar Náutico de Camariñas, e que estará aberta ata ás 20,00 h. do venres, 14 de outubro de 2022.

O contrato será de 5 anos e con prórroga por outros 5 anos (10 anos en total) se non hai rescisión por ningunha das dúas partes ao finalizar o periodo dos primeiros 5 anos de contrato.

O establecimento, renovado hai pouco, está situado en pleno porto camariñán, con amplo aparcamento e conta co respaldo do Club Náutico de Camariñas, unha entidade que conta con máis de 30 anos de historia. Son máis de 600 as embarcacións que recalan en Camariñas ao longo do ano nun peirao que ademais conta con actividades náuticas todo ano a través da empresa Ubuntu Life.

Poden resolver dúbidas ou solicitar máis información o respecto, chamando ao móbil 678 931224.

O Náutico Bar iniciará uns días de vacacións do persoal dende o 19 de setembro ata o 3 de outubro.

Comentarios