venres. 17.04.2026
El tiempo

Adxudicadas as obras de rehabilitación do CEIP O Areal

Visita da Xunta ao CEIP Areal de Camarinas 1
Visita da Xunta ao CEIP Areal de Camariñas
Adxudicadas as obras de rehabilitación do CEIP O Areal

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 1 M€ a obra de rehabilitación integral do Colexio O Areal de Camariñas, que realizará a empresa Iam Rumbo Instalaciones y Obras. O prazo de execución da actuación, unha vez se inicien os traballos, é de 9 meses

O obxectivo é renovar por completo a envolvente do centro para mellorar o confort térmico da comunidade educativa no seu día a día e a eficiencia enerxética das instalacións. Para iso, o programa de actuación inclúe o cambio da cuberta por unha nova de panel tipo sándwich con illamento térmico, dun  total de 1.726 m², así como a instalación de sistema SATE nos 1.864 m² de fachadas. 

Así mesmo, mudaranse as 87 fiestras  exteriores e 69 portas que aínda non foran renovadas. Tamén se incorporarán novas luminarias no recinto exterior do colexio, que non existen na actualidade, e acometerase o acondicionamento acústico interior do patio cuberto a base de chapas microperforadas de aceiro galvanizado lacado e panel interior de la de vidro.

No interior do edificio instalaranse nova iluminación (337 luminarias en total) e falsos teitos e realizaranse tarefas de pintado, ademais de realizarse outras melloras complementarias.  

O programa da intervención inclúe tamén a mellora da accesibilidade do centro, coa construción e adecuación de ramplas desde os patios ata o colexio e a redistribución do núcleo de aseos da planta baixa para crear dous aseos adaptados.

 

Comentarios