Mércores. 23.10.2024
El tiempo

O Alcalde Juan Bautista Santos Ramos xa ten a súa Avenida en Camariñas

Rua Juan Bautista de Camarinas
O Alcalde Juan Bautista Santos Ramos xa ten a súa Avenida en Camariñas

Inaugurou o concello de Camariñas a nova rúa adicada ao seu exalcalde de Camariñas Juan Bautista Santos Ramos. Tras aprobarse por unanimidade nun pleno extraordinario a proposta do goberno local para rebautizar a anterior avenida Eugenio López, a comitiva trasladouse ata o mesmo lugar para destapar o sinal co novo nome.

A comunidade camariñá lembrou que Bautista foi responsable de achegar a Camariñas infraestruturas hoxe fundamentais como a Escola Infantil, o centro de saúde para a Ponte do Porto, a traída para Camelle e Arou, a reforma da praza de San Xurxo, a ampliación do dique do porto de Camariñas, a ampliación dos acceso ao porto e do dique de Camelle, a traída a Santa María, o instituto, o paseo da Ponte do Porto, o de Camelle, o campo de fútbol de Camariñas, a Casa de Pedra, o Museo do Encaixe…

Lembraron ademais que Bautista foi o verdadeiro impulsor da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrou por primeira vez no 1991. “El quería poñer en valor ás nosas palilleiras e ao encaixe e conseguiuno, agora a Mostra é unha pasarela de moda internacional e o encaixe é un produto exclusivo que usan os máis distinguidos deseñadores para darlle valor ás súas coleccións”, sinalou a rexedora.

Rua Juan Bautista de Camarinas 2

Comentarios