A alcaldesa de Camariñas ordea retirar os fondos municipais do Banco Sabadell tralo anuncio do peche da sucursal
16 de setembro de 2021 (14:23 h.)
Prevese tamén o peche da sucursal de Cee
Se por Zas e Baíñas a veciñanza carga contra Abanca, por Camariñas toca protestar contra o peche, previsto para o vindeiro mes, da sucursal do Banco Sabadell. Un novo recorte dos servizos no noso rural que alarma aos veciños e veciños do pobo que lle trasladaron a súa inquedanza á rexedora camariñana.
Ante esta situación, e seguindo a liña da súa homóloga vimiancesa, Sandra Insua decidiu actuar “respondendo ás demandas da veciñanza”, anunciando que o Concello vai retirar os seus fondos municipais da conta corrente do Sabadell.
“Os atentados contra o noso rural non son exclusivos dunha entidade, como temos comprobado, e non podemos seguir tendo os cartos de todas e todos en entidades que non respectan a vontade popular”, subliñou Insua.
Novas relacionadas
- O Concello de Vimianzo retira os seus fondos de Abanca.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.