Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo retira os seus fondos de Abanca

Monica Rodriguez alcaldesa de Vimianzo
Mónica Rodríguez durante unha das concentracións diante da porta da sucursal de Abanca en Baíñas
O Concello de Vimianzo retira os seus fondos de Abanca

O Concello de Vimianzo, a través da súa alcaldesa, Mónica Rodríguez, decidiu de xeito unívoco retirar os fondos do depósito de crédito da entidade Abanca e repartirá a cantidade entre o resto das sucursais da zona.

Continúa así a pequena batalla que manteñen a rexedora vimiancesa cos seus homólogos de Zas e A Baña, en contra o peche das sucursais da entidade rescatada.

”Non sería consecuente seguir contando cos servizos de Abanca logo do abandono desta entidade co noso rural e do resto de Galicia”, afirmou Rodríguez, que recibiu o apoio o unánime de todas as forzas que integran a corporación durante a xunta de portavoces do pasado venres.

“O obxectivo do traspaso dos cartos do Concello de Vimianzo ao resto de entidades é, nin máis nin menos, o resultado dunha total denigración para coa nosa veciñanza. O trato de Abanca cos veciños e veciñas de Baíñas foi absolutamente reprobable, e por iso cremos que a mellor opción é non volver a contar cos seus servizos”, sentenciou Rodríguez.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios