Venres. 29.03.2024
El tiempo

Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo

Comezamos unha interesante serie de artigos relacionados cos novos tempos que nos toca vivir, co asesoramento dos técnicos da Oficina de Consumo de Santa Comba. Co lema "Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: … ou que xa descubríramos pero non queríamos ver”  iremos repasando asuntos relacionados coa transformación dixital, o teletraballo, a formación empresarial e autonómos, os ríos como límites territorais, as normativas inaplicables…

Comezamos a serie cos bancos, precisamente nestes días nos que Abanca tivo que retirar unha campaña de dixitalización e deshumanización polas protestas xeradas en todo o país.

A campana de Abanca que tivo que suspender
A campaña de Abanca que tivo que suspender ante as protestas en todo o país
Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo

OS BANCOS TAL COMO COÑECEMOS VAN CAMIÑO DE SER UN RECORDO

A xente resistíase a crer que os bancos deixaran de ser unha empresa de servizos para convertirse nunhas empresas máis de venta de calquera tipo de produto. Que o interese que ten sobre o veciño é o que poida comprar, dá igual unha televisión ou un seguro, unha tarxeta ou un coche. O demais non importa, eles son de venta e ingresos, non de atender a un veciño na oficina con operacións ou consultas que non lle van a supoñer ingreso algún, para iso ”hágaselo usted mismo en su casa”. Na pandemia esto foi a máis e a xente douse conta que non había volta atrás. O contrario, agora xa ninguén dubida que os bancos como tal van a desaparecer, incluso que os cartos físicos van a ser historia.

Xa nos estaban avisando de forma habitual, e facíamonos os remolóns, pero na pandemia constatouse de forma práctica ata incluso o insulto e desprecio do cliente. A frase dun veciño da boa fe da situación: “xa non é o de ter que esperar fóra, senón que coa semana de temporais Filomena, Arturo, Hortensia e Justine un detrás doutro estivemos alí ao frío a chuvia e á humidade na porta, e os cartos que hai dentro son meus, non son do banco”. Outro cliente dunha popular entidade bancaria ensínanos un mail que di é unha tomadura de pelo, e que, tamén recibimos outros clientes: “Nos encanta verte por nuestras oficinas“, recomendándonos non esperar colas co servizo de cita previa que nos invitan a pedir de forma online “en sólo cuatro cliks”. Otro cliente que está na beirarrúa esperando unha longa cola dinnos: “xa ves, nós cunha idade, sen coñecementos electrónicos nin tarxetas, temos que vir facer cola para sacar catro perras, e todos ao mesmo tempo porque para isto só atenden de 9 a 11, a partir de aí nada”. Recordamos tamén a un popular mestre de Carballo, que nos anos 90 impartía clases nun centro de FP da zona e que nas súas clases de economía dicía aos alumnos que “o futuro dos bancos vai ser como nas discotecas, cobrarvos por entrar”.

Lonxe quedan as épocas nas que os hostaleiros e panadeiros levaban as bolsas de moedas o banco, contábanllas nunha máquina, clasificábanllas por medio duns blisters de plástico por tamaño, facíanllelas contas, e ingresábanlles todo na conta bancaria. E aínda marchaban cun calendario, un paraugas, un bolígrafo, un mecheiro ou un flotador para o fillo. Incluso si tiñan que esperar, ata podían ler a prensa do día que a propia entidade tiña a disposición dos clientes nuns confortables sillóns mellores ca un sofá da nosa vivenda. A partir de aí, e desde o máis básico para una persoa maior, que é “actualíceme a cartilla”, que se sustituiu por “actualícela usted en la maquinita” (si a conta bancaria lle permite ter cartilla), todas as medidas foron implantadas para botar a xente fóra das oficinas. Tanto é así que na pandemia, diferentes entidades comenzaron a enviar tarxetas de forma gratuita para que aquelas personas de uso habitual de oficina, maiormente de idade avanzada, poideran habituarse aos caixeiros e ir implantando nas súas vidas o pago electrónico que nunca fixeran antes. Era o momento propicio, dentro dunha psicosis de non tocar nada para non contaxiarse, e moito menos cartos que pasaban por todas as mans, que mellor opción que unha tarxeta de crédito ou débido para pagar.

Sustituiuse o servicio o cliente por el "hágalo usted mismo". Ademais en pandemia as entidades bancarias comprobaron que a práctica totalidade do traballo que facían presencialmente os traballadores en oficina púidose facer sen ningún tipo de problema, incluso de forma máis eficiente, na casa cun portátil, unha conexión de internet e un móbil.

Porque non nos enganemos, desde a famosa, no seu momento, venda da máquina de escribir en Caixa Galicia, a bicicleta de Indurain no Banesto, pasando polas potas ou os ordenadores no Banco Pastor, as accións da banca só teñen un obxectivo: vender e vender todo o vendible, que dea rendemento, sexa o que sexa e facéndolle competencia a quen sexa. O servizo ao cliente non interesa.

Algunhas voces indican que o futuro é de só oficinas comúns para varios bancos, atendidas por unha ou dúas persoas, e só para xestións moi concretas e específicas dentro dun horario reducido. Incluso por medio oficinas móbiles en autobuses, como xa sucede en certas zonas rurais. De feito, xa está sucendo algo similar, cuns horarios determinados para certas xestións e cunha atención ao público ofrecida por unha parte mínima dos empregados da sucursal. Incluso o camiño é de transacións sin cartos en efectivo.

Outras reportaxes sobre Leis

Comentarios