Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Arranca o programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"

Arranca o programa "Deseñando o teu futuro na Costa da Morte"
desenando-futuro-costa-da-morte-2017 Quince mozos e mozas de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo participan no programa Onte tivo lugar en Camariñas a presentación do programa “Deseñando o teu futuro na Costa da Morte”, no que 15 rapazas e rapaces de entre 14 e 17 anos, de Camariñas, Mazaricos, Muxía e Vimianzo participarán en estadías de 5 días en empresas dos catro concellos, na que será a primeira vez na que coñezan de primeira man as actividades económicas da comarca. Á presentación asistiu Sandra Ínsua - tenente de alcalde de Camariñas - e Sergio Caamaño - concelleiro de Emprego -. Os dous manifestaron a importancia deste programa. Inteviron tamén a propietaria da tenda de moda Keubín - Sandra Mouzo -, que salientou o positivo que foi para a súa empresa a participación nas pasadas edicións deste programa , e Kilian Canosa  que repite este ano a súa estadía en Camariñas. Pola súa banda, María Jiménez - técnical local de emprego - fixo un resumo das actividades de anos anteriores e falou das novidades da presente edición. O 14 de setembro, unha vez realizadas as estadías, os participantes visitarán catro empresas de Muxía e entregaranse os diploman nun acto de clausura que terá lugar ao final da xornada.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios