luns. 12.05.2025
El tiempo

Mar de Fábula avisa ao sector pesqueiro da problemática cos chicotes e cabos

Limpeza e Mar de Fabula en Camelle 2
Mar de Fábula avisa ao sector pesqueiro da problemática cos chicotes e cabos

Este domingo, 14 persoas (a maioría socixs de Mar de Fábula), acudiron ao chamamento da comprometida entidade para limpar os coídos na vila mariñeira de Santa Mariña, fermosísimo enclave no concello de Camariñas. Baixo a mellor das metereoloxías para limpar, sen vento nen choiva e sen frío, peitearon a costa dende o porto, coído a coído, boleira aboleira, na procura do lixo que o mar devolve dúas veces ao día e queda atrapado nos bolos.

A xornada foi moi simbólica, porque mentres limpaban, atravesaron a zona dous grupos de excursionistas da ACD Salitre e do O Camiño dos Faros, aos que lles deron unha breve charla sobre a labor da asociación e sobre a procedencia da meirande parte do lixo que se pode atopar nesta costa, que non é outro que o Corredor Marítimo de Fisterra. 

En total 12 sacos de 100 litros cheos de lixo mariño que non voltarán ao mar. 

Sector do mar

Tras analizar o recollido, a entidade quere facer un chamamento ao sector pesqueiro, nomeadamente á confrarías, para que conciencien aos seus barcos dunha maior e mellor xestión dos chicotes e cabos que quedan nos recintos portuarios espallados polo chan e que probablemente acabarán no mar. 

A entidade, que estrou novas sudadeiras, quere agradecer o compromiso e implicación na acción directa do voluntariado. "Non é o noso lixo, pero si é o noso planeta", repite sempre a presidenta Virxinia Barros, que agradece o apoio loxístico do Concello camariñán.

Limpeza e Mar de Fabula en Camelle

Máis novas

Comentarios