Mércores. 23.10.2024
El tiempo

A camariñá Paula Mouzo participa nunha viaxe a Bruxelas

Paula Mouzo PP Camarinas en Bruxelas
A camariñá Paula Mouzo participa nunha viaxe a Bruxelas

A deputada autonómica e portavoz do Partido Popular de Camariñas, Paula Mouzo Mas, participa esta semana nunha viaxe a Bruxelas.

Mouzo asistirá a unha xuntanza de traballo cos eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez e a unha recepción no despacho de Roberta Metsola, presidenta del Parlamento Europeo.
Tamén realizará unha visita ao Parlamento Europeo e estará presente nunha xornada denominada “Europa en tu concello: ¿Cómo mejorar la vida de tus vecinos gracias a Europa?”, coordinada por Gustavo López Cutillas, administrador del comité de Fondos Rexionais do Parlamento Europeo.

Ademáis asistirá a unha recepción no concello de Bruxas con representantes municipais e visitará o Comité das Rexións.

Paula Mouzo salienta que “tendo en conta a importancia da Unión Europea, sempre é interesante manter contactos a estes niveis e obter toda a información posible”. 

Comentarios