Camariñas abre as portas do seus museos
O Museo Man de Camelle e o Museo do Encaixe de Camariñas estarán abertos dende este mércores 1 de xullo. Mantendo os protocolos sanitarios, o horario ata finais do mes de setembro será de martes a domingo, de 11 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
As visitas guiadas deberán solicitarase no correo electrónico [email protected] ou no teléfono 981 710 224.
Aula ‘Raquel Moreira Carril’
Tamén terá lugar a apertura da nova aula ‘Raquel Moreira Carril’ no museo do Encaixe, que pechara as súas portas a finais do ano 2019 para facer unha serie de reformas entre as que se incluía a adecuación do espazo da sala expositiva da planta baixa para transformala nun aula de palillo.
O mércores 1 de xullo ás 11 horas abrirá por primeira vez a aula bautizada co nome de Raquel Moreira Carril, que foi técnica do museo e profesora da escola municipal de palillo e que faleceu hai dous anos. O acto será só aberto para a familia e compañeiros e compañeiras do Concello de Camariñas.