sábado. 14.06.2025
El tiempo

Camariñas celebrará o aniversario do pasamento de Man de Camelle mentres esmorece o seu museo

Camariñas celebrará o aniversario do pasamento de Man de Camelle mentres esmorece o seu museo
Homenaxe a Man de Camelle en Camarinas

Poucas horas se lle levan feitas a este home que levou o nome de Camellepor todo mundo. Dende a súa humildade, e coa arte como don, Manfred Gnädinger dicía adeus o 28 de decembro de 2002, enlamado en chapapote ata as orellas, como toda a súa obra, como toda a súa vida, como toda a nosa terra.

Mentres a sua casa esmorece ante a pasividade das administracións (creouse ata unha Fundación pero non se gastou un peso en rehabilitar o seu pequeno museu en todos estes anos), a Centro Cultural Casa do Aleman de Camelle, esa de formigón que el tanto odiaría, acolle uns actos polo 12º aniversario do seu pasamento.

A homenaxe será o 28 de decembro, ás 12:30h, e consistirá nunha Conferencia Man sobre “Mar, Arte e Natureza” a cargo de Carmen Hermo, Doutora en Belas Artes.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios