Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas estreará novas rutas de turismo mariñeiro

Camariñas estreará novas rutas de turismo mariñeiro
Grupo de profesionais de Camarinas armando rutas de turismo marineiro

Os profesionais do mar de Camariñas cada vez están máis convencidos de que o turismo mariñeiro é unha alternativa factible para diversificar ás súas labores no día día. Así nolo aseguran a través das Xornadas de Turismo Mariñeiro para profesionais do mar incluídas no “Plan de Dinamización do Sitio de Interese Nacional Cabo Vilán. Camariñas, o mar todo”.

Entre todos os participantes deseñaron unha actividade turística enmarcada no recurso marítimo e mariñeiro en Camariñas. Como resultado deste traballo xurdiu unha serie de rutas que levarán á práctica o vindeiro xoves 28 de agosto en distintos recantos da vila e do municipio. Uns percorridos que son iniciativa dos participantes e que teñen intención de desenvolver nun futuro inmediato.

Os propios profesionais do mar de Camariñas que participaron nas últimas tres semanas nas Xornadas de Turismo Mariñeiro farán de guías nestas rutas. O grupo sairá da Oficina de Información Turística de Camariñas ás 10.00 horas e terá unha duración de tres horas aproximadamente. O itinerario é o seguinte:

  • Percorrido pola arquitectura tradicional mariñeira da vila de Camariñas.
  • Coñecemento dunha embarcación no porto de Camariñas. Artes menores: a nasa e o palangre.
  • Poxa cantada de forma tradicional na lonxa de Camariñas.
  • Visita á zona de marisqueo de O Ariño.

Esta práctica final será o colofón a dúas semanas de accións formativas nas que participaron un grupo de máis de 40 profesionais do sector mariño, que recibirán unha certificación profesional por parte do Concello.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

  • Empresarios de Camariñas.

Comentarios