Camariñas pon a tradición de moda

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2011 abría as súas portas o pasado mércores , e foron 5 días de intenso traxín. A poción máxica de tradición, artesanía e moda xa convertiron ao encaixe nun referente a nivel mundial e fai que a Mostra do Encaixe non sofra tanto a crise. Así, e coas fotos de Marcos Rodríguez, imos facendo un repaso ao acontencido na vila palilleira por excelencia.

I é que o tirón non afrouxa. Centos de persoas seguen achegándose a ver desfile tras desfile, facendo da moda do encaixe un auténtico referente. Por outro lado, a zona que cheira máis a tradición, onde as mestras aprenden ás máis cativas a palillar. E todo, baixo o paraugas de todas as administracións que fan da Mostra do Encaixe un dos eventos máis importantes do ano.

É aí onde a petición do alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, ten sentido. É posible manter unha Mostra así de grande ano tras ano? Un Consorcio podería ser a solución.

Éxito de público

Con todo, e contando con que en cada desfile o seguemento rondaba os 350 visitantes, contabilizáronse entre 15.000 e 20.000 visitantes nos 4 días de Mostra. E multiplicar por 5 ou por 7 a poboación dunha vila como Camariñas non é ningunha broma.

Deseñadores Noveis

Unha das citas máis importantes é o Concurso de Deseñadores Noveis. E de feito, o último desfile do domingo, o dos finalistas do Certame, presentou unha sala completamente abarrotada. Foron case que 100 os deseñadores que se presentaron ao certame, facendo unha marca absoluta. E ata se deixaban ver polo centro da vila: "este seguro que é un deses deseñadores nóveis", escoitábase nas terrazas ao ver baixar a mozos de cidade das casas do porto.

E se por fin o home tivo o seu protagonismo nos desfiles, os Novos deseñadores foron os auténticos baluartes da última sesión de desfiles. A vizcaína Lourdes Giménez Vilanova, coa colección "La máquina del tiempo", levou o primeiro premio valorado en 2104€. O segundo premio foi para Granada, dende onde Isabel Molina Valdés trouxo "Un soplo de aire fresco". A murciana Mª Ruiz Llorca levou o 3º premio pola colección "Donde apuntan todas las flechas". E finalmente foi a asturiana Mª del Alba Salas a que levou o 4º premio pola colección "Azabache".

Vemos as procedencias dos deseñadores, un claro exemplo do potencial desta Mostra do Encaixe de Camariñas.

Para o ano, máis.

A Mostra nun vídeo de Marcos Rodríguez

Novas relacionadas