![moda-mateos-encaixe]()
O encaixe dalle a todo. Xa o temos visto en
botellas de auga mineral de groumet,
no certame de Miss España,
unindo Galicia e Cataluña,
a través da rede ou mesmo
como produto en diferentes paquetes turísticos… Ata
temos escoitado o seu marabilloso son. Pero onde non o víramos fora vestido de Gótico.
Pero é que o encaixe adecúase aos novos tempos, e precisamente iso é o que o mantén vivo.
Este sábado o
deseñador Jose Matteos estará presente no Coliseum da Coruña no
festival de tendencias galego Singular Stop. O deseñador presentará a partir das 19:00 unha retrospectiva das súas últimas coleccións e na que primará a posta en escena nas propostas presentadas,
fusionando o Cyber Goth con propostas que incluirán encaixe de Camariñas.
Sobre a pasarela galega unha colección con pezas moi coidadas, cuxo aspecto define ao suxeito e que salienta na
Moda Victoriana e o período Rococó. Propostas en Negro, vermello e a combinación do branco e negro, mostrando a estrutura e desestructura dos tecidos coma se estes tomasen vida, con grandes volumes que nos levan ao sobrevolumen e a utilización de tecidos nobres como materia prima destas creacións.
Algunhas das propostas introdúcennos no mundo Cyber Goth máis moderno tan en voga nas cidades máis cosmopolitas, e que convivirán co Encaixe de Camariñas. Sobre a pasarela tamén se verán algunhas das súas pezas emblemáticas como top de cunchas ou vestidos de cadeas entre outras. Unha presentación que se impregna do ambiente xaponés,
levando o gusto do gótico á decadencia da alta costura.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa de José Matteos.