Martes. 30.04.2024
El tiempo

Artesanía, moda, devoción e moita festa na Semana Santa da Costa da Morte

Artesanía, moda, devoción e moita festa na Semana Santa da Costa da Morte

Xa está a Semana Santa en plena efervescencia. Relixiosa e lúdica, xa que as procesións e a tradicións altérnase coa festa.

Artesanía, moda e festa en Camariñas

Camariñas é un dos centros nesta Semana Santa. As rúas e as terrazas, malia que o tempo amenace e descargue de cando en vez, están repletas, e visitantes de todo o país poñen unha nota de cor á vila.

Aló enriba, o pavillón da Mostra. Onte, no primeiro dos desfiles da tarde había case que cheo na sala dos desfiles, preto de 400 persoas, o que dá conta de ata onde chega esta artesanía feita moda e industria. E iso que segundo din non está a ser o mellor ano...

Tamén andaba a Banda Maruxía de Laxe amenizando a visita e palilleiras de todo o estado facendo repicar os seus palillos. Atención especial requiren as pequechas que aprenden e aprenden na última sala, da man das súas mestras. Todas agardan que a peición do alcalde da creación dun Consorcio do Encaixe, se convirta nunha realidade para un novo ente (máis siglas ao caldo) continúa salvando as súas profesións.

Ademais, hoxe dan comezo as Festas de San Xurxo, para que todos os veciños e visitantes teñan a sesión completa.

Artesanía, procesións e Festa en Fisterra

Tamén ocorre así en Fisterra, que as festas do Cristo acollen estes días actividades por partida triple. As procesións e as verbenas complétanse este ano coa I Xornada de artesáns "Feito a man". O mércores os artesáns organizaban un obradoiro para os máis pequenos, e ao logo destes días atópanse no simbólico Faro Fisterra recibindo a visita de milleiros e milleiros de curiosos que se interesan polo saber artsanal destes fenómenos.

E ollo, que pola noite... verbena!!.

En Malpica, barro e rock

Xa o vimos dicindo, Malpica é estes días outro dos centros da zona. A Cocedura de barro no forno do Bolo do Pote serve para inaugurar a temporada de barro. Alí estiveron os representantes políticos para acendelo forno, que terá estes días varias sesións de cocedura. Ademais, pola noite, moita Tralla nos pubs da zona.

Máis información cultural para a Semana Santa

Non deixen de ollar todas as propostas para esta ponte:

Comentarios