Venres. 19.04.2024
El tiempo

"Feito a man" descobre as marabillas artesás da zona no Faro da Fin do Mundo

"Feito a man" descobre as marabillas artesás da zona no Faro da Fin do Mundo
As Maritas

Aínda están a tempo se non os puideron disfrutar ao longo da fin de semana. Un feixe de artesáns, dos bos, dos de sempre, dos de toda a vida e dos de casa, enchen de paixón o Faro Fisterra estes días, recuperando o auténtico sabor do "feito a man".

A I Xornada de Artesáns no Cabo da Fin do Mundo foi un completo exitazo. Foron incontables as persoas que pasaron polo segundo punto máis visitado de Galicia. Facendo cálculos cos datos da propia oficina de turismo, que apenas daba feito ante a avalancha de visitantes, preto de 10.000 persoas puideron entrar a ver o arte dos artesáns da zona durante esta ponte. E malia que a idea da cita era máis o amosar o traballo en directo que a venta, foron moitos os turistas que lembraron un fermoso recordo "feito a man".

I é que había de todo. Dende a tremenda Sole Méndez, unha das culpables da realización da mostra, que recibía ao persoal ao son do "Ai Jasús!" para coller os cestos e deixar a todos coa bocaberta.
Impresionante ver ao mestre naronés Luisiño, outros dos artífices da xuntanza artesá. Co seu fantástico telar veñaeveña a crear fermosos bolsiños e a dar lareta aos visitantes, todos con gañas de coñecelos.

Tamén estaban os ceenses Suso e Laura, do Taller Arroás, facendo do coiro unha auténtica tradición costeira. Ao seu carón atopamos á nova corcubionesa Marta Lorenzo Xoubanova, que fai unhas marabillas co papel impresionantes, decorando caixiñas, marcalibros e ata botelliñas para un licor de primeira. Todo coa reciclaxe como bandeira.

Manuel Insua coidaba das conchas de Cristinne, outra das de doble nacionalidade, i é que todas as persoas que en Fisterra se quedan, en fisterráns se convirten. E se non, que llo digan a Sole.

As palilleiras de Moirame Daggo Art

Atopamos uns cadros moi curiosos de Daggo Art, o auténtico "pintor Anartista". Cadros con sabor a chapapote onde o "Fisterra Game Over" deixaba claro o sentir da veciñanza naqueles negros tempos. E tamén moi interesantes os gravados de Lydia, recuperando unha técnica que xa se utilizaba nos grabados do século XVI. E que dicir das Palilleiras de Moraime, que en pleno fervor encaixeiro, se puxeron ata arriba de vender manteliños.

A Mostra completábase cun feixe de cousas que outros artesáns que non puideron estar alí. Alí estaban as carteiras, fundas de pandeireta... feitas de comic da muxía Mara Rey Benlloch, ou máis coñecida polas Maritas. Tamén estaban aportando glamour á mostra os sombreiros dos Presajeiros que fixo a fisterrá Lolitiña, unha pasada.

A Moura, Don Giovanni, Pilar Silva, Moncho Ibáñez... Aínda nos quedaron algún por coñecer de preto. Pero do que non nos imos olvidar é do pé xigante que nos trouxo Orlando Moure. O fisterrán recibiunos con ese pedazo pé de escaiola que non deixou a ninguén indiferente.

Así que se non puideron achegarse ata o faro fisterrán, hoxe tendes a última oportunidade... ata o ano que vén claro, que agardamos que para a vindeira semana santa, o Faro Fisterra volva encherse desta artesanía libre.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios