Martes. 30.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe abriu as súas portas

A Mostra do Encaixe abriu as súas portas

Xa está en marcha un dos eventos máis importantes do ano na Costa da Morte. Xa van 21 anos nos que a tradición do Encaixe se leva convertindo nun auténtico símbolo de identidade, e o que se cadra é máis importante nestes tempos, un motor económico e un fantástico escaparate turísico para Camariñas e a Costa da Morte.

Numerosas personalidades achegáronse ao acto de inauguración desta XXI Mostra do Encaixe de Camariñas. Como o presidente da Deputación, Fernández Moreda, que rendiu homenaxe ás palilleiras descando a "fonte de riqueza" que supón esta Mostra e esta "herdanza centenaria" para a zona.
Moreda agradeceu ás artesáns que souberan “garantir a pervivencia deste oficio ata os nosos días para convertilo nun arte apreciado e valorado pola sociedade, con merecido prestixio en toda España”, no que se misturan artesanía e moda.

Ademais do alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, tamén estivo a directora xeral de Comercio, Nava Castro, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro.

Actividades

Os asistentes a esta edición da Mostra dispoñen dun amplo programa de actividades, con presenza de eventos consolidados, como os desfiles de recoñecidas firmas e de deseñadores noveis, entre outras moitas actividades.
Nesta liña, ofértanse cursos relacionados co encaixe que son programados ao longo do ano e do que o workshop que o deseñador José Castro impartirá en Camariñas na Mostra é un claro exemplo.

Máis información

Novas relacionadas

FOnte

  • Notas de prensa da Deputación e da Xunta.
  • Fotos de Torrecilla.

Comentarios