O Concello de Camariñas ponlle o nome dunha rúa ao ex alcalde Bautista

O goberno local de Camariñas proporá nun pleno extraordinario que se celebrará este sábado, 22 de xuño, ás 12 horas, rebautizar co nome do exalcalde Juan Bautista Santos Ramos á actual Avenida Eugenio López.
Valéndose da súa maioría de feito, invitan xa a participar no pleno (é necesario confirmar asistencia no teléfono 667 034 305) e acompañar á corporación avenida para descubrir a placa co novo nome.
Na proposta destácase que Juan Bautista Ramos foi alcalde de Camariñas desde o 1983 ao 2007 e saliéntase a “importante labor e dedicación que durante 24 anos tivo cos veciños e veciñas non só a nivel político se non pola súa gran calidade humana”. “Líder extraordinario e traballador incansable, dedicou toda a súa vida a conseguir o benestar e progreso para Camariñas, deixando unha pegada indeleble no corazón de todos nós”, indica o texto.
O goberno a Avenida Eugenio López “por estar alí obras tan importantes como a Escola Infantil, a gardería e os pavillóns municipais feitos no seu mandato”.
Para asistir ao pleno