mércores. 18.02.2026
El tiempo

Camariñas e Zas fixeron gozo do Entroido

Trubisquiñas no Entroido de Camarinas
Trubisquiñas no Entroido de Camarinas
Camariñas e Zas fixeron gozo do Entroido

Este martes, ademais da cita de Fisterra, Camariñas e Zas acolleron os seus principais actos do Entroido.

En Camariñas

 

Moi vivido o Comparsas de Camariñas, enmarcado na programación do entroido, no pavillón polideportivo. Resultaron gañadoras as comparsas Pontedisfraz, co terceiro premio; Trubisquiñas, co segundo;  e  Fios de salitre das Cansorriñas, gañadora do primeiro premio.

Fios de salitre das Cansorriñas no Entroido de Camarinas
Fios de salitre das Cansorriñas no Entroido de Camariñas

En Zas

O Concello de Zas celebrou un ano máis o Entroido cunha ampla programación lúdica e cultural dirixida a todos os públicos, na que o tradicional concurso de disfraces, celebrado este martes 17 de febreiro no Polideportivo de Zas, volveu converterse no acto central das
festas.
O desfile repartiu un total de 2.600 euros en premios, e contou cunha con inchables, maquillaxe e xogos, ademais das actuacións de Duende Circo e DJ Rokiño.

Entroido de Zas

Nas categorías infantís, A (0 a 5 anos) e B (6 a 14 anos), repartíronse premios de 200, 150 e 100 euros para os tres primeiros postos, que foron para Medusas, Sirenas e Marcianas, na categoría A; e para Nin rato nin rata, Cabeza Monta e domador Caracol, na categoría B. Na categoría C, destinada a persoas maiores de 15 anos, entregáronse premios de 300, 200 e 100 euros a Zapalatas, Chamán e Outono Máxico respectivamente.

Ademais, a categoría de Grupos e Comparsas, contou con premios de 400, 300 e 200 euros, destacando pola alta participación e polo nivel de elaboración das propostas presentadas. Os gañadores foron para Douche ca bara, Cheo de Moscas, e Payasos Justicieiros.

O concurso completouse co Premio Especial ‘Zaschoqueiro’, dotado con 200 euros, que recoñeceu o personaxe máis peculiar, orixinal e estrafalario do desfile e que nesta ocasión foi para Vaqueiro gandeiro.

Comentarios