Camelle e Arou xa teñen programa para a nova edición do City of Agra

Programa City of Agra Camelle 2026

Vén de lanzar a Asociación Cultural Naufraxios Galegos o programa para a sétima edición da commemoración do naufraxio do City of Agra. O meirande programa cultural arredor dun naufraxio que se fai en Galicia terá 3 días de memoria para lembrar aquela historia única que uniu tres mundos o 3 de febrero de 1897.

Un programa cada vez máis asentado, que volverá ter tres eventos singulares: a obra de teatro Pallladas; a sentida representación da Arribada dos Náufragos e a Recepción de autoridades aos náufragos do City of Agra.

Todo aderezado cunha Feira mariñeira (que este ano ten varios retoques na ubicación, ficando nun recinto valado e permitindo o paso de vehículos polo paseo) coa mellor artesanía da volta, con visitas guiadas á Sala dos Naufraxios e da Historia Marítima de Camelle, e con diferentes actos de música, historia e humor.

O sábado destaca o roteiro de mañá, ata o campo do santo ata onde está pendurada a campá do City, a sesión vermú co folk rock de Bestas; a foliada da tarde e a risa co divertidísimo grupo de monologuistas da vila, que está triunfando por toda a comarca.

O domingo, despois da representación do reembarque, pola tarde haberá o sempre vivido partido entre cidadáns camelláns e ingleses.

Así foi o ano pasado:

Máis novas