Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camelle descubriu a placa de homenaxe ao City of Agra e pensa na III edición

Placa a memoria dos heroes de Camell 1
Camelle descubriu a placa de homenaxe ao City of Agra e pensa na III edición

Este sábado, a asociación cultural Naufraxios Galegos organizou un emotivo acto ás portads o Museo de Man de Camelle para descubrir a placa conmemorativa dedicada aos dezaséis heroes (14 mariñeiros de Camelle e 2 de Arou) que rescataron a trinta e dous náufragos do vapor mixto británico City of Agra, o 3 de febreiro do 1897 cando afundiu fronte a Arou.

Placa a memoria dos heroes de Camelle

Dito evento é o preámbulo dos 117 días de duro traballo que teñen por diante os socios e socias desta asociación cultural, convertida xa nun referente na Costa da Morte, a cal estará por segundo ano consecutivo e na Semana Santa, na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas, onde o Concello camariñán cederalles un posto para promocionar e divulgar o seu gran programa cultural, dentro deste gran e consolidado evento internacional.

A AC Naufraxios Galegos, organiza este ano a III edición do meirande programa cultural dedicado a un naufraxio no noso país: 2City of Agra, 125 anos na memoria", que se celebrará os días 8, 9 e 10 de xullo na vila mariñeira de Camelle na que haberá unha Feira Mariñeira; unha gran exposición sobre o naufraxio; un espectáculo dunha palillada teatralizada nocturna; un roteiro animado (que sae dende o lugar do naufraxio a carón das Lobeiras en Arou, até o Campo do Santo en Camelle, onde está a igrexa de Espírito Santo que ten pendurada no seu campanario a campá do CITY OF AGRA); foliada; recreacións históricas (entre elas a espectacular arribada dos náufragos ao porto de Camelle a noite do sábado 9 de xullo) homenaxes, música e concurso de tapas con especias.

Novas relacionadas

 

Comentarios