Camelle uniuse para limpar os fondos do peirao
Fin de semana moi viva en Camelle. Se o sábado, acordábase buscar financiamento para manter o legado de Man, o domingo, medio pobo envorcouse nunha limpeza medioambiental dos fondos do porto camellán.
A Confraría, a asociación cultura Naufraxios Galegos e a Asoc. Mar de Fábula unían formzas para peitear as zonas do "Muelle Vello" e a Rampla coa actuación de 2 mergulladores e colaboración de veciños e veciñas e voluntariado que, de paso, apañaron todo o lixo plástico entre as rochas ao longo da escolleira, incluído o Museo de Man.
A turbidez das augas e a nubosidade do día dificultaron a realización dunha limpeza que, sendo importante, non foi tan exhaustiva como pretendían, e que quedará pendente para unha nova ocasión.
Con todo, da zona da escolleira sacaron 7 sacos de 100 litros cheos/semicheos de lixo plástico misceláneo. E do fondo do mar, sacaron dúas defensas, unha maroma, unha nasa de ferro, un bicheiro e e un aparello grande de pesca cheo de anillas, ademais de varios neumáticos.