mércores. 01.04.2026
El tiempo

Camelle uniuse para limpar os fondos do peirao

Mergullador na limpeza do fondo do porto de Camelle-Foto-Xurxo Rod
Mergullador na limpeza do fondo do porto de Camelle-Foto-Xurxo Rod
Camelle uniuse para limpar os fondos do peirao

Fin de semana moi viva en Camelle. Se o sábado, acordábase buscar financiamento para manter o legado de Man, o domingo, medio pobo envorcouse nunha limpeza medioambiental dos fondos do porto camellán.

A Confraría, a asociación cultura Naufraxios Galegos e a Asoc. Mar de Fábula unían formzas para peitear as zonas do "Muelle Vello" e a Rampla coa actuación de 2 mergulladores e colaboración de veciños e veciñas e voluntariado que, de paso, apañaron todo o lixo plástico entre as rochas ao longo da escolleira, incluído o Museo de Man.

960x540 copia
Fotos de Xurxo Rod.

A turbidez das augas e a nubosidade do día dificultaron a realización dunha limpeza que, sendo importante, non foi tan exhaustiva como pretendían, e que quedará pendente para unha nova ocasión.

Con todo, da zona da escolleira sacaron 7 sacos de 100 litros cheos/semicheos de lixo plástico misceláneo. E do fondo do mar, sacaron dúas defensas, unha maroma, unha nasa de ferro, un bicheiro e e un aparello grande de pesca cheo de anillas, ademais de varios neumáticos.

Limpeza na escolleira do Porto de Camelle-Foto-Xurxo Rod
Limpeza na escolleira do Porto de Camelle-Foto-Xurxo Rod.
Xose Manuel Barros na limpeza do fondo do porto de Camelle-foto-Xurxo Rod
Xose Manuel Barros na limpeza do fondo do porto de Camelle-foto-Xurxo Rod.

Máis novas

Comentarios