A colaboración veciñal salva a vila de Camelle dun incendio
- Foi necesario o desaloxo preventivo de varias casas

Martes, 23:30h e salta a alarma en Camelle. O lume baixaba polo monte cara as casa, concretamente a carón do camiño que vai dende a rúa Pirica a Portela, e nunha vila como esta non se pode esperar pola axuda.
Así que a veciñanza ponse a traballar, tendo primeiro que desaloxar varias vivendas polo perigo real que presentaba o lume.
Veciñ@s e visitantes (moita rapazada que estaba tomando algo acodiron correndo) póñense a colaborar facendo unha cadea humana con mangueiras, caldeiros e baldes, e conseguindo que o lume amainase.
Chegaron, pouco despois as Brigadas antiicendios, e pronto deixaron o lume controlado (aínda estiveron arrefriando ata as 2:00-3:00 da madrugada) pero o susto non llo quitou ninguén ás familias. .
”Moi orgulloso da xente deste pueblo”, sinalan varios veciños.