O pontecesán Dani Rodríguez culmina o Ultra Trail Camiño dos Faros conseguindo 3.600€ para ASFEGA
Esta fin de semana a comarca tivo un ollo nas redes vendo como o corcubionés Iago Dosil e o pontecesán Dani Rodriguez completaban o seu Reto Solidario en favor da ASFEGA (Asociación Galega de Enfermidades Metabólicas Raras). Nada menos que 200 km a través do Camiño dos Faros para completar un Ultratrail tremendamente esixente.
A xente puido ir doando, adoptando un kilómetro, a través desta web, alcanzando a cifra finalmente de 3.600€ para a entidade galega. Polo camiño tivo que quedar Dosil, con problemas fisicos, pero Dani foi sendo arroupado por compañeiros como a veterana malpicá Maite Rojo, os pontecesáns Suso e Quito, ou o propio Marco, ese amor de rapaz de Cerqueda que é a a cabeza visible da ASFEGA, e que é o xérmolo deste reto.
O ultramaratoniano Dani conseguiu rematar o reto en 33 horas e 24 minutos, o segundo mellor tempo da historia desta carreira, detrás de Nico de las Heras.




