Detida unha veciña da Ponte do Porto trala desarticulación dun punto de venta de drogas

Nova acción contra o tráfico de drogas. Foron os axentes a Garda Civil de Camariñas e de Vimianzo os que veñén de deter unah veciña da Ponte do Porto, por un presunto delito de tráfico de drogas.

A investigación partiu das queixas de moitos veciños no Concello, tralo aumento da venda e do consumo na vila camariñá.

A forza instrutora focalizou nunha vivenda na Ponte, onde se observaba un continuo movemento de consumidores habituais, que permanecían pouco tempo e saían.

Co permiso da Orde Xudicial procederon ao rexistro, atopando importantes cantidades de doses preparadas para a venda de hachís, cocaína e marihuana, diferentes artefactos de corte, básculas, sustancias para o corte, documentación e unha decena de teléfonos móbiles.

Ante as evidencias a Garda Civil procedeu á detención da veciña mantendo abertas as investigacións, pola posible relación con outros puntos de venda.

Novas relacionadas