Diego Ameixeiras visitou o Club de Lectura Arao no IES Pedra dá Aguia de Camariñas para presentar o seu libro "O anarquista"

Diego Ameixeiras no Club de Lectura da Ponte do Porto

Moi vivas seguen as iniciativas dos clubs de lecturas para adultos dos Institutos da comarca.

Neste caso, o escritor galego Diego Ameixeiras visitou o Club de Lectura Arao Adultos no IES Pedra da Aguia de Camariñas para presentar e comentar a súa obra máis recente, "O anarquista". Este evento forma parte das actividades culturais que o IES Pedra da Aguia organiza para fomentar o hábito da lectura entre os seus estudantes e neste caso, a comunidade local.

O Club de Lectura Arao Adultos caracterízase por ser un espazo de encontro e reflexión literaria, con máis de 15 anos de vida, onde se realizan actividades periódicas que permiten aos participantes compartir e profundar nas obras lidas, nun ambiente de diálogo e enriquecemento.

Máis novas